GalegoEspañolEnglishFrançaise

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, composta polo Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 —RXPD—) e pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámolo sobre a nosa Política de protección de datos persoais.


Responsable do tratamento dos datos persoais
O responsable do tratamento é a persoa xurídica que determina os fins e os medios do tratamento de datos persoais. Noutras palabras, o responsable decide como e con que finalidades se tratan os datos persoais.

Para os efectos desta Política de protección de datos, o responsable do tratamento dos datos persoais é:
  • Razón social: XENÉTICA FONTAO, S.A. - NIF: A27222207
  • Domicilio social: Lg. Fontao, s/n, 27210 Esperante (LUGO)
  • Correo electrónico para cuestións de protección de datos e exercicio de dereitos: rgpd@xeneticafontao.com
  • Teléfono: +34 982 284 391

Delegado de protección de datos
XENÉTICA FONTAO, S.A. designou como delegado de protección de datos (DPD) a ADENDA CONSULTORÍA JURÍDICA, S.L., (artigo 37.7 do RXPD e artigo 34.3 da LOPDGDD). 
Pode dirixirse ao delegado para calquera cuestión relativa ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos e, con carácter previo e potestativo, para presentar unha reclamación antes de acudir á Axencia Española de Protección de Datos (artigo 37 da LOPDGDD):
  • Delegado de protección de datos: ADENDA Consultoría Jurídica, S.L. (NIF B27836139). Persoa de contacto: Diego Estévez García.
  • Enderezo: Rúa República Arxentina, 20, 6.º, oficina 35, 36201 Vigo (Pontevedra).
  • Correo electrónico: destevez@adenda.net
  • Teléfono: +34 986 120 145


Que datos persoais tratamos e como os protexemos?
Un dato persoal é toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable («a persoa interesada»); considerarase persoa física identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse, directa ou indirectamente, en particular mediante un identificador, como, por exemplo, un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa.

Para as finalidades establecidas nesta Política de privacidade, o responsable recolle e trata os datos persoais que se explican en cada tipo de tratamento e que dependerán dos diferentes servizos que solicite ou da relación contractual que manteña coa nosa entidade.

A nosa organización comprométese a tratalos con total confidencialidade e a aplicar as medidas de seguridade adecuadas, de carácter físico, técnico e organizativo, para protexer os seus datos persoais.

Vostede garante e responde, en todo caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais proporcionados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados.


Inventario de actividades de tratamento
XENÉTICA FONTAO, S.A. é unha sociedade mercantil pública autonómica participada maioritariamente pola Xunta de Galicia a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). En coherencia con esta condición e co principio de transparencia (artigo 31.2 da LOPDGDD, Lei 19/2013, do 9 de decembro, e Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia), publica a continuación o inventario das actividades de tratamento que realiza como responsable, coa información prevista no artigo 30 do RXPD e a base xurídica de cada tratamento.

Salvo que se indique outra cousa, os datos obtéñense da propia persoa interesada ou do seu representante legal. Non se tratan categorías especiais de datos nin datos relativos a condenas e infraccións penais.

1. Persoal e recursos humanos
  • Finalidade: Xestión administrativa e laboral do persoal: contratación, nóminas, Seguridade Social, réxime disciplinario, comunicacións internas e cumprimento das obrigas propias dunha entidade do sector público autonómico.
  • Base xurídica: Execución do contrato de traballo (art. 6.1.b RXPD). Cumprimento de obrigas legais en materia laboral, tributaria e de Seguridade Social (art. 6.1.c RXPD; Estatuto dos Traballadores e Lei xeral da Seguridade Social). Consentimento (art. 6.1.a RXPD) para o uso da imaxe e dos datos de contacto persoais, que pode retirarse en calquera momento.
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas.
  • Categorías de datos:  Identificativos (nome e apelidos, DNI/NIE, número da Seguridade Social, enderezo, teléfono, sinatura); características persoais; datos académicos e profesionais; detalles do emprego; datos económicos, financeiros e de seguros. Non se tratan categorías especiais de datos.
  • Destinatarios (comunicacións): Tesouraría Xeral da Seguridade Social e entidades xestoras; Axencia Estatal de Administración Tributaria e Axencia Tributaria de Galicia; entidades bancarias (pagamento de nóminas); entidades aseguradoras; mutua colaboradora; Xunta de Galicia (FOGGA) e órganos de control do sector público autonómico, cando o exixa unha norma legal.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Durante a relación laboral e, despois, durante os prazos de prescrición das responsabilidades: 4 anos para a documentación laboral e de Seguridade Social (art. 4 LISOS) e 6 anos para a que teña valor contable (art. 30 do Código de Comercio).
2. Prevención de riscos laborais
  • Finalidade: Xestión da prevención de riscos laborais, vixilancia da saúde a través do servizo de prevención alleo e coordinación de actividades empresariais.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais).
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas e persoal de empresas concorrentes no centro de traballo.
  • Categorías de datos: Identificativos; datos do posto de traballo; formación en prevención; conclusións de aptitude. Os datos de saúde trátaos exclusivamente o persoal sanitario do servizo de prevención alleo (art. 22.4 LPRL).
  • Destinatarios (comunicacións): Autoridade laboral e Inspección de Traballo e Seguridade Social, cando o requiran; mutua colaboradora.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 5 anos (art. 23 LPRL e art. 4.3 LISOS). A relación de persoas traballadoras expostas a axentes biolóxicos conservarase 10 anos tras o fin da exposición (art. 9 do Real decreto 664/1997).
3. Rexistro de xornada
  • Finalidade: Rexistro diario da xornada de traballo (hora de inicio e de finalización).
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; art. 34.9 do Estatuto dos Traballadores).
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas.
  • Categorías de datos: Nome e apelidos, DNI/NIE, identificador de usuario e rexistros horarios.
  • Destinatarios (comunicacións): Inspección de Traballo e Seguridade Social, cando o requira, e representación legal das persoas traballadoras.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 4 anos (art. 34.9 do Estatuto dos Traballadores).
4. Plan de igualdade
  • Finalidade: Elaboración do diagnóstico de situación, do plan de igualdade e do rexistro retributivo.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; Lei orgánica 3/2007, de igualdade efectiva de mulleres e homes; reais decretos 901/2020 e 902/2020).
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas.
  • Categorías de datos: Identificativos; características persoais; circunstancias sociais; datos académicos e profesionais; detalles do emprego e retributivos. Utilízanse datos agregados ou seudonimizados sempre que é posible.
  • Destinatarios (comunicacións): Comisión negociadora e representación legal das persoas traballadoras; autoridade laboral competente.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Durante a vixencia do plan e 4 anos máis.
5. Protocolo de prevención do acoso
  • Finalidade: Prevención do acoso e tramitación das comunicacións e expedientes previstos no protocolo.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; art. 48 da Lei orgánica 3/2007 e normativa de prevención de riscos laborais).
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas (persoas denunciantes, denunciadas e testemuñas).
  • Categorías de datos: Identificativos; detalles do emprego; feitos comunicados e información derivada da investigación.
  • Destinatarios (comunicacións): Persoas integrantes da comisión instrutora; autoridade laboral, Inspección de Traballo e órganos xudiciais, cando proceda.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 4 anos desde a resolución do expediente (5 anos se se impuxo unha sanción).
6. Formación do persoal
  • Finalidade: Xestión da formación do persoal e, se é o caso, das súas bonificacións.
  • Base xurídica: Execución do contrato de traballo (art. 6.1.b RXPD) e cumprimento de obrigas legais en materia de formación preventiva (art. 6.1.c RXPD; art. 19 LPRL).
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas e asistentes ás accións formativas.
  • Categorías de datos: Identificativos (incluída, se é o caso, a imaxe); características persoais; datos académicos e profesionais.
  • Destinatarios (comunicacións): Entidades formadoras e Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE), cando a formación se bonifique.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 4 anos desde a realización da acción formativa.
7. Control de presenza
  • Finalidade: Control do acceso restrinxido do persoal a departamentos e zonas das instalacións.
  • Base xurídica: Execución do contrato de traballo (art. 6.1.b RXPD).
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas.
  • Categorías de datos: Nome e apelidos, departamento e rexistros de acceso.
  • Destinatarios (comunicacións): Non se comunican datos a terceiros.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 1 mes. Cando os rexistros se utilicen como rexistro de xornada, 4 anos (art. 34.9 do Estatuto dos Traballadores).
8. Clientes e provedores
  • Finalidade: Xestión da relación comercial e contractual con clientes (gandeiros, asociacións, adquirentes de doses seminais, embrións e servizos de laboratorio) e provedores, incluídas a facturación e a contratación pública.
  • Base xurídica: Execución dun contrato ou aplicación de medidas precontractuais (art. 6.1.b RXPD). Cumprimento de obrigas legais contables, fiscais e de contratación do sector público (art. 6.1.c RXPD; Lei 9/2017, de contratos do sector público). Interese lexítimo para o tratamento dos datos de contacto das persoas que prestan servizos en persoas xurídicas (art. 6.1.f RXPD e art. 19 LOPDGDD).
  • Persoas interesadas: Clientes, provedores e persoas de contacto.
  • Categorías de datos: Identificativos (nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo, teléfono, sinatura); información comercial; datos económicos, financeiros e de seguros; transaccións de bens e servizos.
  • Destinatarios (comunicacións): Administración tributaria; entidades bancarias; órganos de control externo (Consello de Contas de Galicia e Tribunal de Contas); publicación na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia cando o exixa a normativa de contratación.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Durante a relación e 6 anos máis (art. 30 do Código de Comercio). Os expedientes de contratación pública, como mínimo, 5 anos desde a finalización do contrato.
9. Xestión fiscal e contable
  • Finalidade: Cumprimento das obrigas fiscais e contables derivadas da actividade da entidade.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; Lei 58/2003, xeral tributaria, e Código de Comercio).
  • Persoas interesadas: Clientes, provedores e persoas empregadas.
  • Categorías de datos: Identificativos (nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo, teléfono) e datos económicos.
  • Destinatarios (comunicacións): Axencia Estatal de Administración Tributaria e Axencia Tributaria de Galicia; entidades bancarias; auditores de contas; órganos de control do sector público autonómico.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 6 anos para os libros e a documentación contable (art. 30 do Código de Comercio); 4 anos para a documentación tributaria (arts. 66 a 70 da Lei xeral tributaria), ampliables ata 10 anos nos supostos do art. 66 bis.
10. Contactos
  • Finalidade: Atender as consultas recibidas a través da web, do correo electrónico ou do teléfono e enviar información sobre as actividades, servizos e catálogos do Centro a quen o solicite.
  • Base xurídica: Consentimento da persoa interesada (art. 6.1.a RXPD), que pode retirarse en calquera momento.
  • Persoas interesadas: Persoas de contacto, solicitantes de información e clientes.
  • Categorías de datos: Nome e apelidos, enderezo postal ou electrónico, teléfono e contido da consulta.
  • Destinatarios (comunicacións): Non se comunican datos a terceiros.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: As consultas, 1 ano desde a resposta; os envíos informativos, ata que a persoa solicite a baixa ou retire o consentimento.
11. Violacións da seguridade
  • Finalidade: Rexistro e xestión das violacións da seguridade dos datos persoais e, se procede, a súa notificación á autoridade de control e a comunicación ás persoas afectadas.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; arts. 33 e 34 RXPD).
  • Persoas interesadas: Persoas cuxos datos se vexan afectados pola incidencia (persoas empregadas, provedores, clientes, persoas de contacto e representantes).
  • Categorías de datos: Os datos afectados pola incidencia e os necesarios para a súa xestión.
  • Destinatarios (comunicacións): Axencia Española de Protección de Datos; forzas e corpos de seguridade; entidades aseguradoras; persoas afectadas, cando proceda.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Como mínimo 3 anos desde o peche da incidencia (art. 72 LOPDGDD).
12. Exercicio de dereitos
  • Finalidade: Atender as solicitudes de exercicio dos dereitos recoñecidos pola normativa de protección de datos.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; arts. 12 a 22 RXPD).
  • Persoas interesadas: Persoas solicitantes e os seus representantes.
  • Categorías de datos: Identificativos e de contacto, sinatura e contido da solicitude.
  • Destinatarios (comunicacións): Axencia Española de Protección de Datos e órganos xudiciais, en caso de reclamación.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 3 anos desde a resposta. A documentación identificativa achegada suprímese unha vez verificada a identidade.
13. Videovixilancia
  • Finalidade: Garantir a seguridade das persoas, dos animais, das instalacións, dos bens e do material xenético custodiado no Centro. As imaxes poden utilizarse para o control laboral nos termos do art. 89 LOPDGDD.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha misión realizada en interese público (art. 6.1.e RXPD), en relación co art. 22 LOPDGDD; para o control laboral, art. 89 LOPDGDD e art. 20.3 do Estatuto dos Traballadores.
  • Persoas interesadas: Persoas empregadas, visitantes, provedores e clientes que acceden ás instalacións.
  • Categorías de datos: Imaxe. Non se capta son.
  • Destinatarios (comunicacións): Forzas e corpos de seguridade e órganos xudiciais, cando sexa necesario.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Máximo 1 mes desde a captación, salvo que deban conservarse para acreditar feitos que atenten contra persoas, bens ou instalacións (art. 22.3 LOPDGDD).
14. Rexistro de accesos
  • Finalidade: Control do acceso de visitas e terceiros ás instalacións por motivos de seguridade e bioseguridade.
  • Base xurídica: Interese lexítimo na seguridade das instalacións (art. 6.1.f RXPD).
  • Persoas interesadas: Visitantes, provedores, clientes e persoas empregadas.
  • Categorías de datos: Nome e apelidos, entidade, sinatura, data e hora do acceso.
  • Destinatarios (comunicacións): Non se comunican datos a terceiros.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: 1 mes.
15. Sistema interno de información (canle de denuncias)
  • Finalidade: Xestionar as comunicacións sobre posibles infraccións normativas e decidir sobre o inicio da investigación, conforme á Lei 2/2023, do 20 de febreiro. A canle está dispoñible en https://transparencia.xunta.gal/es/canle-de-denuncias.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; arts. 10, 13 e 30 da Lei 2/2023).
  • Persoas interesadas: Persoas informantes, persoas afectadas polos feitos comunicados e testemuñas.
  • Categorías de datos: Identificativos e de contacto (salvo nas comunicacións anónimas) e información sobre os feitos comunicados. A identidade da persoa informante é reservada.
  • Destinatarios (comunicacións): Autoridade xudicial, Ministerio Fiscal e autoridade administrativa competente, no marco dunha investigación.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Suprímense aos 3 meses se non se iniciou investigación; en ningún caso se conservan máis de 10 anos (arts. 26 e 32 da Lei 2/2023).
16. Entidades gandeiras e programas de mellora xenética
  • Finalidade: Xestión da relación coas asociacións e explotacións gandeiras e prestación dos servizos de mellora xenética, banco de xermoplasma e laboratorio de xenética molecular, como misión de interese público encomendada ao Centro de Selección e Reprodución Animal de Galicia.
  • Base xurídica: Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RXPD; Regulamento (UE) 2016/1012, de cría animal, e Real decreto 45/2019, de normas zootécnicas) e, cando exista, execución do contrato de prestación de servizos (art. 6.1.b RXPD).
  • Persoas interesadas: Titulares de explotacións gandeiras, persoas asociadas ou membros das asociacións de criadores e os seus representantes.
  • Orixe dos datos: A propia persoa interesada, as asociacións e organizacións colaboradoras e os rexistros públicos de explotacións.
  • Categorías de datos: Identificativos (nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo, teléfono), datos bancarios, código de explotación agraria (REGA) e número de rexistro da explotación no libro xenealóxico (CONAFE).
  • Destinatarios (comunicacións): Asociacións de criadores e organizacións recoñecidas para a xestión dos libros xenealóxicos e programas de cría; administracións públicas competentes en gandaría e sanidade animal.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Mentres dure a participación nos programas de cría e, despois, durante os prazos exixidos pola normativa zootécnica e sanitaria (rexistros de material reprodutivo, como mínimo 3 anos; 6 anos cando sexan soporte dunha venda). Os rexistros históricos dos programas poden conservarse con fins de arquivo en interese público.
17. Selección de persoal
  • Finalidade: Xestión integral dos procesos selectivos de persoal laboral: solicitudes, verificación de requisitos, valoración de méritos e probas, tribunais, publicación de listas e resultados, reclamacións e recursos, e constitución e xestión de bolsas de emprego.
  • Base xurídica: Aplicación de medidas precontractuais a petición da persoa interesada (art. 6.1.b RXPD) e cumprimento das obrigas legais de respecto dos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade (art. 6.1.c RXPD; disposición adicional primeira do Estatuto básico do empregado público).
  • Persoas interesadas: Aspirantes nos procesos selectivos e demandantes de emprego.
  • Categorías de datos: Identificativos (nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono, sinatura); características persoais; datos académicos e profesionais; detalles do emprego.
  • Destinatarios (comunicacións): Membros dos tribunais ou comisións de selección; publicación das listas na web e no taboleiro, coa identificación prevista na disposición adicional sétima da LOPDGDD; órganos de control e xudiciais, en caso de recurso; representación legal das persoas traballadoras, cando proceda.
  • Transferencias internacionais: Non se realizan.
  • Prazo de conservación: Expediente do proceso: ata a súa firmeza e 5 anos máis. Bolsas de emprego: durante a súa vixencia. As listas publicadas retíranse unha vez firme o proceso.

Encargados do tratamento
Ademais das comunicacións indicadas en cada actividade, XENÉTICA FONTAO, S.A. conta con provedores que acceden aos datos por conta da entidade, como encargados do tratamento, para a prestación dos seguintes servizos. Todos eles están vinculados mediante o contrato de encargo previsto no artigo 28 do RXPD e só poden tratar os datos seguindo as instrucións da entidade:
  • Asesoría laboral, fiscal e contable.
  • Servizos informáticos, de sistemas e de seguridade da información.
  • Desenvolvemento, aloxamento e mantemento da páxina web.
  • Subministración e mantemento de aplicacións informáticas de xestión.
  • Servizo de prevención alleo de riscos laborais.
  • Consultoría en protección de datos e servizos de delegado de protección de datos.

Transferencias internacionais e decisións automatizadas
Non se realizan transferencias internacionais de datos a países situados fóra do Espazo Económico Europeo. Tampouco se adoptan decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produzan efectos xurídicos sobre as persoas interesadas ou as afecten significativamente de modo similar.


Medidas de seguridade
XENÉTICA FONTAO, S.A. aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas ao risco de cada tratamento (artigo 32 do RXPD), determinadas a partir da análise de riscos da entidade, entre elas: control de acceso físico ás instalacións e aos departamentos, control de acceso lóxico aos sistemas con credenciais persoais, política de seguridade da información e compromiso de confidencialidade do persoal, copias de seguridade, contratos de encargo cos provedores con acceso a datos e un procedemento de xestión de violacións da seguridade.


Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
De conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos, vostede ten unha serie de dereitos en relación co tratamento dos seus datos persoais. O exercicio destes dereitos será gratuíto para vostede, agás nos casos en que se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, especialmente por seren repetitivas.

Estes dereitos son os seguintes:
a.    Dereito de información: vostede ten dereito a recibir información de maneira concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela, sobre a utilización e o tratamento dos seus datos persoais.

b.    Dereito de acceso: vostede ten dereito a solicitarnos en calquera momento que lle confirmemos se estamos a tratar os seus datos persoais, a que lle facilitemos o acceso a eles e á información sobre o seu tratamento, e a obter unha copia deses datos. A copia dos seus datos persoais que lle facilitemos será gratuíta, aínda que a solicitude de copias adicionais poderá estar suxeita ao cobramento dunha cantidade razoable baseada nos custos administrativos. Pola nosa parte, poderemos pedirlle que acredite a súa identidade ou requirirlle máis información que resulte necesaria para xestionar a súa solicitude.

c.    Dereito de rectificación: vostede ten dereito a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos, non actualizados ou incompletos que lle concirnan. Tamén poderá solicitar que se completen os datos persoais que sexan incompletos, mesmo mediante unha declaración adicional.

d.    Dereito de supresión: vostede ten dereito a solicitar a supresión dos seus datos persoais cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. Non obstante, este dereito non é absoluto, de maneira que a nosa organización poderá seguir manténdoos debidamente bloqueados nos supostos previstos pola normativa aplicable.

e.    Dereito á limitación do tratamento: vostede ten dereito a solicitar que limitemos o tratamento dos seus datos persoais, o que significa que poderemos seguir almacenándoos, pero non continuar tratándoos, se se cumpre algunha das seguintes condicións:
o    que vostede impugne a exactitude dos datos, durante un prazo que lle permita ao responsable verificar a súa exactitude;
o    que o tratamento sexa ilícito e vostede se opoña á supresión dos datos e solicite no seu lugar a limitación do seu uso;
o    que a nosa entidade xa non necesite os datos para os fins do tratamento, pero vostede os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións;
o    que vostede se opuxese ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da nosa entidade prevalecen sobre os seus.
 
f.    Dereito á portabilidade dos datos: vostede ten dereito a que os seus datos sexan transmitidos a outro responsable do tratamento nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. Este dereito aplícase cando o tratamento dos seus datos persoais estea baseado no consentimento ou na execución dun contrato e o devandito tratamento se efectúe por medios automatizados.

g.    Dereito de oposición: este dereito permítelle opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís. Unicamente poderemos non atender o seu dereito cando acreditemos motivos lexítimos para o tratamento ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

h.    Dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís: este dereito permítelle non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos sobre vostede ou o afecte de modo similar, agás que a devandita decisión sexa necesaria para a formalización ou execución dun contrato, estea autorizada por unha lei ou se basee no consentimento.

i.    Dereito a retirar o consentimento: nos casos en que obtivésemos o seu consentimento para tratar os seus datos persoais en relación con determinadas actividades (por exemplo, co fin de enviarlle comunicacións comerciais), poderá retiralo en calquera momento. Deste xeito, deixaremos de realizar esa actividade concreta para a que consentira previamente, agás que exista outra razón que xustifique a continuidade do tratamento dos seus datos con estes fins, caso en que lle notificaremos a devandita situación.

j.    Dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control: vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, 901 100 099 - 912 663 517 (www.aepd.es), ou a través da súa sede electrónica: https://sedeaepd.gob.es.
 
Poderá exercer gratuitamente os dereitos antes indicados mediante unha comunicación dirixida a XENÉTICA FONTAO, S.A. (Lg. Fontao, s/n, 27210 Esperante, Lugo) ou ao correo electrónico rgpd@xeneticafontao.com, ou ben ao delegado de protección de datos, indicando o dereito que exerce e os detalles necesarios para tramitar a súa solicitude. Só se lle pedirá documentación acreditativa da súa identidade cando existan dúbidas razoables sobre ela (artigo 12.6 do RXPD). Responderemos no prazo dun mes desde a recepción da solicitude, prorrogable outros dous meses cando sexa necesario tendo en conta a súa complexidade e o número de solicitudes; neste caso informarémolo da prórroga e dos seus motivos dentro do primeiro mes (artigo 12.3 do RXPD).

As persoas interesadas poden obter información adicional sobre os seus dereitos na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, www.aepd.es
.
A nosa organización resérvase o dereito a modificar a súa Política de privacidade, de acordo co seu propio criterio ou por mor dun cambio lexislativo, xurisprudencial ou doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos. Os cambios ou actualizacións desta Política de privacidade non lle serán notificados de forma explícita á persoa usuaria. Recoméndaselle consultar esta páxina periodicamente para estar ao tanto dos últimos cambios ou actualizacións.

Esta política foi revisada por última vez o 3 de outubro de 2026.


www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidade · Política de cookies