GalegoEspañolEnglishFrançaise

AVISO LEGAL

LEI DOS SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN (LSSI)

XENÉTICA FONTAO, S.A, responsable do sitio web, en diante RESPONSABLE, pon á disposición dos usuarios o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), BOE Nº 166, así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto de cales son as condicións de uso.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
XENÉTICA FONTAO, S.A reserva para si o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de avisar previamente ou poñer en coñecemento dos usuarios as devanditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web de XENÉTICA FONTAO, S.A.


1.    DATOS IDENTIFICATIVOS
Nome de dominio: xeneticafontao.com
Nome comercial: XENETICA FONTAO
Denominación social: XENÉTICA FONTAO, S.A
NIF: A27222207
Domicilio social: Lg. Fontao, s/n , 27210 Esperante (LUGO)
Teléfono: 982 284 391
Correo electrónico: xfontao@xeneticafontao.com
Registro Mercantil de Lugo, Tomo 254, Sección 8, Libro 0, Folio 72, Hoja LU-5809
Natureza xurídica: sociedade mercantil pública autonómica participada maioritariamente pola Xunta de Galicia a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).


2.    DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade do RESPONSABLE ou, se é o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, e, se é o caso, inscritos nos rexistros públicos correspondentes.

Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización requiren en todo caso da autorización escrita previa por parte do RESPONSABLE. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao RESPONSABLE e que puidesen aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto destes. O RESPONSABLE autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web, e en todo caso redirixir ao sitio web principal de xeneticafontao.com.

O RESPONSABLE recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa soa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre estes, como tampouco apoio, patrocinio ou recomendación por parte deste.
Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico xfontao@xeneticafontao.com.


3.    EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES
XENÉTICA FONTAO, S.A. está exenta de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que non teña coñecemento efectivo de que esta información foi manipulada ou introducida por un terceiro alleo a ela ou, se o ten, actuase con dilixencia para retirar os datos ou facer imposible o acceso a eles.

XENÉTICA FONTAO, S.A. non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo, os erros ou omisións nos contidos, a falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Uso de cookies
Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas propias (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao dispositivo de quen accede á páxina), imprescindibles para o seu correcto funcionamento: unha cookie de sesión, que desaparece ao pechar o navegador, e unha cookie que garda durante 6 meses a elección da persoa usuaria sobre as cookies. Estas cookies están exentas de consentimento conforme ao artigo 22.2 da LSSICE e non se utilizan con fins analíticos nin publicitarios.

Actualmente o sitio web non utiliza cookies analíticas, publicitarias nin de terceiros. Se no futuro se incorporan cookies non necesarias, non se instalarán sen o consentimento previo da persoa usuaria, que se recollerá a través do panel de cookies e que en ningún caso se entenderá outorgado pola mera navegación. O consentimento poderá retirarse en calquera momento coa mesma facilidade coa que se outorgou.

Pode obter máis información e configurar as súas preferencias na nosa Política de cookies: https://www.xeneticafontao.com/cookies.php
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser alertado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións do seu navegador para ampliar esta información.

Política de ligazóns
Desde o sitio web, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que o RESPONSABLE non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto dos devanditos contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección ao devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

O RESPONSABLE non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do RESPONSABLE. Non obstante, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse á disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, se é o caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. 

No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Non obstante, o RESPONSABLE non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

Enderezos IP
Os servidores do sitio web poden rexistrar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados pola persoa usuaria. Esta información consérvase nos rexistros de actividade do servidor coa finalidade de garantir a seguridade e o correcto funcionamento do sitio e de obter estatísticas agregadas de uso (número de visitas, páxinas consultadas, orde das visitas, punto de acceso, etc.), sen identificar a persoa usuaria. O enderezo IP pode constituír un dato persoal: o seu tratamento baséase no interese lexítimo en garantir a seguridade do sitio web (artigo 6.1.f do RXPD) e os rexistros consérvanse durante un máximo de 12 meses, salvo que resulten necesarios para investigar un incidente de seguridade.

4.    LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais do domicilio do USUARIO ou lugar de cumprimento da obriga.


5.    PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Pode consultar a nosa política de protección de datos persoais na url seguinte: https://www.xeneticafontao.com/privacidad.php
XENÉTICA FONTAO, S.A. designou como delegado de protección de datos a ADENDA Consultoría Jurídica, S.L. (persoa de contacto: Diego Estévez García), co que pode contactar no correo electrónico destevez@adenda.net ou no enderezo Rúa República Arxentina, 20, 6.º, oficina 35, 36201 Vigo (Pontevedra). Para exercer os seus dereitos en materia de protección de datos pode dirixirse tamén a rgpd@xeneticafontao.com.
 
Data de vixencia deste aviso legal: 4 de outubro de 2026


 

www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidade · Política de cookies