GalegoEspañolEnglishFrançaise

POLÍTICA DE COOKIES

INFORMACIÓN SOBRE COOKIES
De conformidade co artigo 22.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), en relación co Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RXPD), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), XENÉTICA FONTAO, S.A. informa ás persoas usuarias sobre as cookies que utiliza este sitio web. A instalación de cookies que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento do sitio require o consentimento previo, libre, específico e informado da persoa usuaria, que en ningún caso se entende outorgado pola mera navegación.


QUE SON AS COOKIES?
As cookies e outras tecnoloxías similares tales como local shared objects, flash cookies ou píxeles, son ferramentas empregadas polos servidores Web para almacenar e recuperar información sobre os seus visitantes, así como para ofrecer un correcto funcionamento do sitio.

Mediante o uso destes dispositivos permítese ao servidor Web recordar algúns datos concernentes ao usuario, como as súas preferencias para a visualización das páxinas dese servidor, nome e contrasinal, produtos que máis lle interesan, etc.


COOKIES AFECTADAS POLA NORMATIVA E COOKIES EXCEPTUADAS
Conforme ao artigo 22.2 da LSSI e á Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos (actualizada en 2023), requiren o consentimento previo da persoa usuaria todas as cookies que non sexan estritamente necesarias: entre outras, as analíticas, as de personalización non solicitada, as publicitarias, as de publicidade comportamental, as sociais e as de afiliación. Quedan exceptuadas as cookies técnicas imprescindibles para a navegación ou para prestar un servizo expresamente solicitado pola persoa usuaria, como as de sesión ou as que gardan a súa elección sobre as cookies.


TIPOS DE COOKIES
Segundo a finalidade
  • Cookies técnicas e funcionais: aquelas que permiten ao usuario navegar a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e utilizar as diferentes opcións ou servizos que nela existan.
  • Cookies analíticas: son aquelas que permiten ao responsable das mesmas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vencelladas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.
  • Cookies publicitarias: son aquelas que permiten a xestión da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado segundo criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.
  • Cookies de publicidade comportamental: recollen información sobre as preferencias e eleccións persoais do usuario (retargeting) para permitir a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado.
  • Cookies sociais: son establecidas polas plataformas de redes sociais nos servizos para permitirlle compartir contido cos seus amigos e redes. As plataformas de medios sociais teñen a capacidade de rastrear a súa actividade en liña fóra dos Servizos. Isto pode afectar ao contido e as mensaxes que ve noutros servizos que visita.
  • Cookies de afiliados: permiten facer un seguimento das visitas procedentes doutras webs, coas que o sitio web establece un contrato de afiliación (empresas de afiliación).
  • Cookies de seguridade: almacenan información cifrada para evitar que os datos gardados nelas sexan vulnerables a ataques maliciosos de terceiros.
Segundo a propiedade
  • Cookies propias: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado polo usuario.
  • Cookies de terceiros: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos través das cookies.
Segundo o prazo de conservación
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web.
  • Cookies persistentes: son un tipo de cookies no que os datos seguen almacenados no terminal e poden ser accedidos e tratados durante un período definido polo responsable da cookie, e que pode ir duns minutos a varios anos.

TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS
XENÉTICA FONTAO, S.A é o Responsable do tratamento dos datos persoais do Interesado e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:

Fins do tratamento: segundo se especifica no apartado de cookies que se utilizan neste sitio web.

Lexitimación do tratamento: as cookies técnicas utilízanse por ser estritamente necesarias para o funcionamento do sitio web e a prestación do servizo solicitado (artigo 22.2 LSSI e artigo 6.1.f RXPD). Calquera outra cookie, de utilizarse, só se instalará co consentimento da persoa usuaria (artigo 6.1.a RXPD), que poderá retiralo en calquera momento a través do panel de cookies, sen que iso afecte á licitude do tratamento anterior.

Criterios de conservación dos datos: segundo se especifica no apartado de cookies utilizadas na web.

Comunicación dos datos: non se comunican datos a terceiros, salvo obriga legal. Actualmente o sitio web non utiliza cookies de terceiros e non se realizan transferencias internacionais de datos.

Dereitos que asisten ao Interesado:
  • Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
  • Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.
Datos de contacto para exercer os seus dereitos:
XENÉTICA FONTAO, S.A. Lg. Fontao, s/n, - 27210 Esperante (Lugo). Correo electrónico: rgpd@xeneticafontao.com

Datos de contacto do delegado de protección de datos:
ADENDA Consultoría Jurídica, S.L. (persoa de contacto: Diego Estévez García). Rúa República Arxentina, 20, 6.º, oficina 35, 36201 Vigo (Pontevedra). Correo electrónico: destevez@adenda.net

Pode consultar a información completa sobre o tratamento dos seus datos persoais na nosa Política de privacidade: https://www.xeneticafontao.com/privacidad.php


COOKIES UTILIZADAS NESTE SITIO WEB
Cookies controladas polo editor
Este sitio web utiliza exclusivamente as seguintes cookies técnicas propias, exentas de consentimento, que non se utilizan para fins analíticos nin publicitarios:

Cookie Titular Tipo e finalidade Duración
PHPSESSID Propia
(www.xeneticafontao.com)
Técnica. Mantén a sesión de navegación da persoa usuaria e permite o funcionamento do sitio. Sesión
cc_cookie Propia
(www.xeneticafontao.com)
Técnica. Garda as preferencias da persoa usuaria bore a aceptación ou o rexeitamento das cookies. 6 meses

Se no futuro se incorporan cookies analíticas, de personalización ou de terceiros, non se activarán ata que a persoa usuaria preste o seu consentimento e esta política actualizarase con indicación do provedor, a finalidade e a duración de cada unha.

Cookies de terceiros
Os servizos de terceiros están fóra do control do editor. Os provedores poden modificar en calquera momento as súas condicións de servizo, finalidade e utilización das cookies, etc.

Provedores externos deste sitio web: Actualmente non se instalan cookies de terceiros


PANEL DE CONFIGURACIÓN DE COOKIES
Desde este panel poderá configurar as cookies que o sitio web pode instalar no seu navegador, agás as cookies técnicas ou funcionais necesarias para a navegación e a utilización das diferentes opcións ou servizos ofrecidos.
Panel de cookies
Pode modificar ou retirar o seu consentimento en calquera momento, coa mesma facilidade coa que o outorgou, a través da ligazón «Panel de cookies» dispoñible no pé de todas as páxinas do sitio web (artigo 7.3 RXPD).


COMO XESTIONAR AS COOKIES DESDE O NAVEGADOR
  • Eliminar as cookies do dispositivo: As cookies que xa están nun dispositivo pódense eliminar borrando o historial do navegador, que elimina as cookies de todos os sitios web visitados.Non obstante, tamén se pode perder parte da información gardada (por exemplo, datos de inicio de sesión ou preferencias do sitio web).
  • Xestionar cookies específicas do sitio: Para ter un control máis preciso das cookies específicas de cada sitio, os usuarios poden axustar a súa configuración de privacidade e cookies no navegador.
  • Bloquear as cookies: Aínda que a maioría dos navegadores modernos pódense configurar para evitar que as cookies se instalen nos dispositivos, iso pode obrigar ao axuste manual de certas preferencias cada vez que se visita un sitio ou páxina. Ademais, é posible que algúns servizos e características non funcionen correctamente (por exemplo, inicios de sesión con perfil).

COMO ELIMINAR AS COOKIES DOS NAVEGADORES MÁIS COMÚNS
Última actualización: 3 de outubro de 2026.

www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidade · Política de cookies