GalegoEspañolEnglishFrançaise

INFORMACIÓN SOBRE PRIVACIDADE

Política de privacidade

Xenética Fontao garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos Usuarios de acordo coa lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.

A seguinte política de privacidade está destinada a informarche sobre como usamos a túa información persoal cumprindo coas disposicións e requisitos do Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.

¿Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

Identidade: XENÉTICA FONTAO, S.A
Domicilio Social: Lg. Fontao, s/n - Esperante, 27210 - Lugo (LUGO)
C.I.F: A27222207
Teléfono: 982 284 391
Email: xfontao@xeneticafontao.com

¿Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?

Os datos persoais facilitados a través das direccións de correo electrónico serán tratados coa finalidade de responder á túa consulta e/ou remitirche a información que nos solicites.

Xenética Fontao non levará a cabo toma de decisións automatizas con relación aos datos persoais proporcionados.

O Usuario é o único que responde da veracidade e corrección dos datos enviados a Xenética Fontao que deberán referirse á súa propia persoa e que serán cancelados unha vez deixen de ser necesarios para a finalidade á que se destinen.

¿Durante canto tempo conservaremos os teus datos?

Conservaremos os teus datos persoais facilitados a través das direccións de correo electrónico en tanto e canto sexan necesarios para responder á túa solicitude de información ou consulta, procedendo á súa supresión unha vez deixen de ter utilidade para a entidade ou no caso de que solicites a baixa a Xenética Fontao, opondo ou revocando o teu consentimento.

O consentimento outorgado polo titular é revocable e poderá exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación, dirixíndose por escrito a Xenética Fontao na dirección: Lg. Fontao, s/n - Esperante, 27210 - Lugo (LUGO) ou ao correo electrónico xfontao@xeneticafontao.com

¿Cal é a legitimación para o tratamento dos teus datos?

O envío a través das direccións de correo electrónico supón que consente que os datos facilitados sexan tratados de acordo coa finalidade de xestionar a petición de que se trate, remitirche información por calquera medio, incluído o envío de comunicacións comerciais a través de medios electrónicos (correo electrónico, etc.) sobre produtos e servizos propios, que mellor se axusten ao teu perfil particular.

¿A qué destinatarios se comunicarán os teus datos?

Xenética Fontao non comunicará os datos persoais do interesado salvo naquelas ocasións en que exista unha obriga legal de cesión dos datos á Administración con competencia na materia.
Non está previsto realizar transferencias internacionais dos teus datos persoais a terceiros países.

¿Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

En virtude do establecido no RGPD podes solicitar:
Dereito de acceso: solicitar información daquellos datos persoais que dispoñamos.
Dereito de rectificación: comunicar calquera cambio nos teus datos persoais.
Dereito de supresión e ao esquecemento: solicitar a eliminación previo bloqueo dos datos persoais.
Dereito de limitación ao tratamento: restringir o tratamento dos datos persoais.
Dereito de oposición: podes retirar o consentimento do tratamento dos datos, opondo que se sigan tratando.
Dereito á portabilidade: solicitar unha copia dos datos persoais nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica para a súa transmisión a outro responsable.
Dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas: solicitar que non se tomen decisións que se basen únicamente no tratamento automatizado, incluíndo a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos ou afecte significativamente ao interesado.
Dereito a retirar o teu consentimento: en calquera momento sen que iso anule a legitimación dos tratamentos que se efectuaron desde que se outorgou o consentimento ata que o retires.

Polo tanto, Xenética Fontao informa que, en calquera momento e de forma gratuita, podes exercitar os anteditos dereitos mediante a solicitude dos modelos pertinentes no correo electrónico ou na dirección indicada no primeiro punto da presente política de privacidade.

Cada solicitude de exercicio de dereitos que nos presentes deberá conter no asunto a referencia "Exercicio dereitos RGPD" e incluír os seguintes datos: nome e apelidos, domicilio a efectos de notificación, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición concreta que se solicita. No caso de exercitarse en nome de outra persoa, deberá xuntar un documento que acredite fehacientemente a representación ostentada.

Se consideras que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectado, terás dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (https://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php).

www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidad · Información sobre cookies