GalegoEspañolEnglishFrançaise

INFORMACIÓN LEGAL

No cumprimento do establecido no Art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase que esta páxina web, co dominio www.xeneticafontao.com, é titularidade de Xenética Fontao S.A.

Información da empresa

XENÉTICA FONTAO, S.A
Lg. Fontao, s/n
Esperante, 27210 - Lugo (LUGO)
C.I.F: A27222207

Inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo, Tomo 254, Sección 8, Libro 0, Folio 72, Hoja LU-58 09, Inscripción 1ª, NIF a 27.222.207.
Teléfono: 982 284 391
Fax: 982 284 626
Email: xfontao@xeneticafontao.com

TERMOS E CONDICIÓNS

1. USUARIOS: O acceso e/ou uso deste portal de Xenética Fontao atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas.

2. USO DO PORTAL: www.xeneticafontao.com proporciona o acceso a multitude de información, datos e fotografías (de agora en diante, "os contidos") en Internet pertencentes a Xenética Fontao.
O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal.
O USUARIO comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como por exemplo poderían ser servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias que se cheguen a crear dentro do portal) que Xenética Fontao ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incurrir en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apología do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Xenética Fontao, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico de outros usuarios e modificar ou manipular os seus mensaxes. Xenética Fontao resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e aportacións que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultaran adecuados para a súa publicación. En calquera caso, Xenética Fontao non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación que se poidan chegar a crear dentro do portal web corporativo, así como nos perfís oficiais de redes sociais de Xenética Fontao.

3. PROTECCIÓN DE DATOS: Xenética Fontao cumpre coas directrices e obrigacións reguladas no REGLAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía de dereitos dixitais e demais normativa vixente sobre protección de datos en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais empregados nos seus sistemas de información, así como a súa confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia en todo momento.

4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: Xenética Fontao por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de Xenética Fontao ou ben dos seus licenciantes. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de Xenética Fontao. O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Xenética Fontao. Poderá visualizar os elementos do portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de Xenética Fontao.

5. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: Xenética Fontao non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

6. MODIFICACIÓNS: Xenética Fontao resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, pondo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través desta como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

7. ENLACES: No caso de que en www.xeneticafontao.com se dispuxesen enlaces ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, Xenética Fontao non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios e contidos. En ningún caso Xenética Fontao asumirá responsabilidade algunha polos contidos de algún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos ditos hipervínculos u outros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

8. DEREITO DE EXCLUSIÓN: Xenética Fontao resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de previo aviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

9. XERALIDADES: Xenética Fontao perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

10. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN: Xenética Fontao poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

11. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN: A relación entre Xenética Fontao e o USUARIO rexirase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais competentes.

www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidad · Información sobre cookies