GalegoEspañolEnglishFrançaise

Política de Calidade

XENÉTICA FONTAO comprométese a liderar un sistema de xestión da calidade, extensivo a toda a estructura da súa organización, procesos e desenrolos, co propósito de mellorar continuamente a eficacia e eficiencia dos seus obxectivos mediante a consideración das necesidades e expectativas dos seus clientes.

As directrices xerais que marcan a política de calidade definida por XENÉTICA FONTAO son as seguintes:

  • A satisfacción total de todos e cada un dos CLIENTES, acadando a máxima calidade dos nosos productos.
  • Implantar un proceso de MELLORA CONTINUA coma piar da estratexia empresarial.
  • Aproveitamento óptimo dos nosos recursos, mellorando continuamente os índices de productividade.
  • Implicar, motivar e comprometelo persoal co obxecto de buscala súa participación na xestión, desenrolo e aplicación do Sistema de Calidade.
  • Manter contactos permanentes cos clientes co obxecto de colaborar conxuntamente na mellora da calidade dos procesos.
  • Promoción do cumprimento dos compromisos na Prevención dos Riscos Laborais e Medioambientais, así como os requerimentos legais e regulamentarios que sexan aplicabeis.

Esta política revisarase periódicamente, servindo como referencia para o establecemento e revisión dos obxectivos de calidade.

A Dirección comprométese a proporcionalos recursos técnicos e humáns precisos para que o marcado na política de calidade se cumpra en tódalas areas da empresa.

Co esforzo de todos proporcionarase unha maior CALIDADE, PRESTIXIO, PROFESIONALIDADE e COMPETITIVIDADE á empresa.

 

www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidad · Información sobre cookies