GalegoEspañolEnglishFrançaise

Síndrome de Stress Porcino (PSS) ou Hipertermia Maligna (MH)

O Síndrome de Stress Porcino (PSS) ou Hipertermia Maligna (MH) é unha enfermidade neuromuscular hereditaria do gando porcino. En situacións de estres, os animais afectados por este síndrome manifestan cambios rápidos post-mortem nos músculos, dando lugar a unha carne de peor calidade, que se presenta pálida, branda e exudativa (carnes PSE), ou en algúns casos morte súbita previa ó sacrificio. O PSS desencadease cando os animais son sometidos a situacións de estres, como transporte, acto sexual, exercicio vigoroso, ou incluso con cambios climáticos. A orixe xenética do PSS é unha mutación no xen que codifica para o Receptor da Ryanodina ou canal liberador do calcio (Ryr1), sendo o alelo recesivo (n) o responsable dos desordenes fisiolóxicos. Os homozigóticos recesivos (n/n) manifestan a enfermidade, mentres que en heterozigosis (N/n) relacionase cunha peor calidade da carne.





 
www.xeneticafontao.com
Aviso Legal · Política de privacidad · Información sobre cookies